Aula Virtual
Editorial Baía

Benvida, benvido ao espazo virtual de recursos educativos de Baía Edicións

 

Neste momento estamos traballando na creación dos materiais do profesorado para incorporalos nesta AULA VIRTUAL o antes posible, permanecede moi atent@s!

 

Este é un proxecto que nace coa idea de facilitarmos tanto ao profesorado como ao alumnado todos os recursos didácticos e materias educativos dos que se dispón de cada un dos libros de texto publicados na actualidade.

A Aula Virtual conta, ata o momento, cos libros dixitais de Sociais de 1.º e 2.º de ESO, dirixidos tanto ao alumnado como ao profesorado, e desde a cal se poden adquirir.

Asemade, desde esta plataforma poderanse descargar tanto o Proxecto curricular establecido e a Programación proposta para cada unha das disciplinas como os materiais complementarios de axuda ao profesorado no seu labor didáctico e pedagóxico diario nas aulas tan só co seu rexistro

Para que o alumnado e o profesorado poidan utilizar os libros electrónicos en calquera dispositivo e en calquera momento, optamos por descargalos nun lapis USB, o que permite levar o material dun sitio a outro, como facemos co libro físico. 

Para poder abrir os libros virtuais precísase un código de activación que, no caso do alumnado, terá que solicitarlle ao profesorado. É preciso a conexión á Internet pero só para abrilo por primeira vez e introducir o código de activación. Logo xa se poderá empregar sen necesidade de estar conectado.

Instrucións para utilizar os libros virtuais:

  • Descarga no teu lapis de memoria unha copia do libro desde a Aula Virtual.
  • Pídelle un código de activación ao teu profesor ou profesora.
  • Abre o libro facendo dobre click sobre el, e introduce o código de activación (só terás que facelo a primeira vez!).
  • Aproveita a experiencia do libro dixital interactivo, non só no centro senón tamén na casa!

Se tes algún problema no acceso, vai a preguntas frecuentes ou contacta connosco a través deste correo, no que tamén podes deixar as túas suxestións para a súa mellora.
 

 

 

Recordamos a todos os docentes que o material dispoñible nesta Aula Virtual é de uso exclusivo polo profesorado dos centros. Reservados todos os dereitos. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos) se necesita reproducir algún fragmento desta obra (www.conlicencia.com; 91 702 19 70 / 93 272 04 47).